lunes, 25 de agosto de 2008

SE VIÑERA WOODY ALLEN...E VIRA

14 comentarios:

que_me_importa_a_min dijo...

Pouco lle tedes que envidiar a Woody Allen, tedes a Xacobo Villares, ALGUÉN PODE ASPIRAR A MÁIS???

Un besazo e noraboa pola representación!


PR.

Anónimo dijo...

Non é por quitarlle merito a Carri pero hai que decir que non todo é obra del. Hai que darlle a noraboa tamén a Eva que gracias a ela iamos así de monas e bailamos tan ben.

Anónimo dijo...

Nos coma almas en pena agradecerllo o Bostas, xa que nos inspiramos nel a cada instante do día que o vemos, ven seña de marcha, matando conexos, papando, na Pía, poñendo copas, etc...
Foi unha grande fonte de inspiración para nos sen el non saberiamos como facelo desde aquí só podemos decirche
GRAZAS.

Anónimo dijo...

CLARO QUE SI PELUSILLA. DIRÍA MÁIS, ADEMAIS DE SALIR NA FOTO, ¿QUE FIXO ESE PRETENDIDO CREADOR OU POETA DE TABERNA? UNOS SE LLEVAN LA LANA Y OTROS LA PANA.ENORABOA A ESA GRAN ARTISTA E COREÓGRAFA, O SEU SI QUE TEN MÉRITO.

Anónimo dijo...

A NORABOA VAI PARA TODAS AQUELAS PERSOAS QUE PARTICIPARON, DALGÚN MODO, NO PRETENDIDO EVENTO; POIS SE NON FORA POR ESTA XENTE.. FESTAS COMA ESTA NON EXISTIRÍAN.

XACOBE, ESPERÁMOSTE UNHA VEZ MÁIS A CARGO DA DIRECCIÓN NA QUEIMADA POPULAR DE CERVO 2009. NON NOS FALLES!!!!!

BIQUIÑOS E NORABOA, O DESTE ANO HAI QUE REPETILO.

MORGANA.

Anónimo dijo...

a ver, a espectadora esta hai que dicirlle un par de cousas.
non entendo porque menospreza o traballo do director, xa que este é a cabeza visible da representación e si leva as críticas,como sucedeu noutras ocasións, tamén ha de leva-las noraboas cando as merece. E con esto non pretendo desprestixiar o traballo do coreógrafo ou coreógrafa. ou acaso , coñece vostede o nome do técnico de iluminación da película casablanca, ou do compositor da súa música? Sin embargo estou seguro de que coñece o nome do seu director.
ó césar o que é do césar. Todas as felicitacións para o director, a coreógrafa, os bailaríns e o bruxo, e todos os que participaron na queimada deste ano. Un auténtico éxitazo
outro espectador

Anónimo dijo...

PODE QUE TEÑAS RAZÓN ESPECTADOR,PERO OS/AS QUE CALAN OTORGAN ¿VICHE ALGUÉN DE TODO ESE GRUPO QUE O DEFENDERA? POIS AÍ ESTA A PROBA,EU SOLO O VIN NO SOUTO POÑENDO MÚSICA E POUCO MÁIS,PERO IGUAL O SEU TRABALLO É MÁIS CALADO,NON SEI,PERO ESA FOI A MIÑA IMPRESIÓN.

Anónimo dijo...

Gustoume esta foto moito. Esta mui ben ver que tanta xente se implica na queimada. Pero cando lein os comentarios alucinei. Creo que a espectadora esta soio intenta ofender a Jacobo e non creo que teña nada que ver coa representación os seus comentarios. Teño o gusto de conocelo desde hai tempo e ademais de ser boa persona, moi especial por certo, para min ten moito talento aínda que non entenda moito de poesía nin de literatura. Igual o seu problema non e salir na foto. Igual o seu problema e ser demasiado humilde e as veces hai que saber venderse e ser mais altivo para que a un se lle recoñeza. Igual peca deso, de ser honesto e sinceiro tamén, pero non peca de irresponsable e pasota. Creo que, aínda que terá defectos coma todo o mundo, os amigos o respetan por eso. Pareceriame fatal que porque naide o defendera se lle estivera dando a razón o que dice a espectadora. Dariame pena ver que a xente tan válida coma él se lle perda o respeto e non se valore o que merece porque de xente sensible andamos escasiños.

Anónimo dijo...

Sinceramente todos os que estamos inmersos na representación da Queimada,sabemos o que traballa Jacobo para levar esa idea a cabo.Está claro que sin a axuda de certas persoas non se podería facer,xa sexa Eva,músicos,etc..etc..
Decirlle a Espectadora...que o traballo xa está feito de antes...na representación final él xa pouco pode facer...pero antes??ela seguro que non sabe o que traballa este home...

Unha aperta.Doríforo.

Anónimo dijo...

PARA EMPEZAR,ESTO NON É UN ATAQUE PERSONAL A JACOBO.CADA UN QUE PENSE O QUE LLE DE A GANA. DESPOIS,EU NON VOS QUITO RAZÓN.POR ALGO ESTARÁ HAÍ.PERO PREGÚNTOME PORQUE POR EJEMPLO PELUSILLA FIXO ESA ACLARACIÓN.ENTENDO QUE QUIXO POÑER CADA COUSA NO SEU LUGAR E TAMÉN ACLARAR QUE ÉL IGUAL LEVA MÁIS MÉRITOS DOS QUE REALMENTE MERECE.EU COMPARTO ESA IDEA,NADA MÁIS.PARA DEIXAR ESTO CLARO,SI PELUSILA SALEU POÑER AS COUSAS NO SEU SITIO E NON DIXO NADA PARA DEFENDER AO DIRECTOR COMO PARTE DESE GRUPO MOSTROU QUE NON TODO O MUNDO PENSA COMO VOSOUTROS.SOBRE TODO OS DIRECTAMENTE AFECTADOS.TAMÉN PREGÚNTOME PORQUE O DIRECTOR AÍNDA NON DIXO NADA SOBRE O TEMA.POR ESO DIXEN QUE O QUE CALA OTORGA.

Anónimo dijo...

Os que calamos non outorgamos, que non se equivoque a espectadora... é máis ben que non queriamos darlle importancia a unha polémica tan absurda... pero, vaia ho, acabou por ferverme a sangre. ¿Así que non é un ataque persoal ao director? Carallo... PRETENDIDO CREADOR OU POETA DE TABERNA... que cariñosa!!! non se deixe en evidencia... e tampouco se preocupe demasiado... O respecto e a valoración que merece Xacobo polo seu traballo (e máis Eva, e tamén o resto dos integrantes), e que vostede lle nega, xa llo temos quenes participamos da Queimada e convivimos nos ensaios tódolos días.

Anónimo dijo...

Se non sain na defensa do director foi porq me acabo de enterar fai unhas horas de todos os comentarios que hai nesta foto.
En ningun momento dixen que Xacobo non tivera mérito, so dixen que un pouco llo hai que dar a Eva e se o fixen foi porque o día da queimada por diversos motivos non se nomeou a súa aportación. Pero en ningún momento lle quitei merito o director todo o contrario, todo é obra del o resto é acompañamento pero sin a idea principal nada podería facerse. Así que pediríache espectadora que non puxeras na miña boca cousas que eu non dixen.
E se a xente non sae na súa defensa é porque non fai falta todo o mundo que o coñece sabe o que traballou non so este ano senon durante 5 anos pa facer posible que todo o mundo disfrute da queimada.
E para rematar darlle as gracias eu a Xacobo por todo o que fai e pedirlle que non nos abandone que queremos que nos dirixa por moitos anos máis.

Anónimo dijo...

Ala neniña ou neniño, xa o acadache, este é o teu pequeno triunfo, o teu pequeno logro...que o DIRECTOR che conteste.
Se o fago é un por un só motivo, porque non é moi ético (decente se queres) utilizar a terceiras persoas como arma arroxadiza para criticarme. Estas plenamente lexitimada a criticar o meu traballo ou a parte alicuota que cres que teño na representación, mesmo tes dereito a que che caiga mal e me cuestiones como persoa. Agora ben, de verdade, non me parece de agrado ver como terxiversas as verbas dunha amiga.
Somos un grupo unido, que disfrutamos do que facemos e que o facemos de xeito desinteresado, con ningún conflicto entre nos nin mínimamente destacable durante estes cinco anos, todos remamos do mesmo lado e si...eu son "un máis", nunca pretendín ser outra cousa, desde o principio. Todos temos unha importante función e todos tratamos de desempeñala o mellor que podemos e sabemos. E, certamente, só poido ter palabras de gratitude para todos os que participan ou participaron algunha vez na Queimada.
Creo que vas desencamiñada se o que pretendes é crear "cizaña" entre nós. Todos sabemos quenes somos, onde estamos e que facemos. E vamos seguir nesa liña.

Un saúdo atento e unha aperta...

Xacobo Casal Villares

Anónimo dijo...

P.D. Fódeme ben que ese fora o comentario 12+1...xa non saio da casa...je,je,je.

P.D.2 Deixádea correr.